Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ciclista Marcos Serrano crea escola en Redondela

RR_Noticias

O corredor da escola de ciclismo Condisoil, Daniel Rodríguez ven de proclamarse Subcampión de España no campionato escolar de ciclismo, unha proba de 58 quilómetros disputada en Jaén. Tamén lograron postos destacados Elsa Portela e Noelia Sérrano. Os corredores eran recibidos pola alcalde, Javier Bas e o concelleiro de deportes, Jesús Crespo. Uns éxitos deportivos “froito do traballo e da constancia” tal e como salientaba o director deportivo do club, o ex ciclista profesional Marcos Sérrano.

A Escola de ciclismo Redondela, fundada por Sérrano hai tan só algo máis dun ano está de aprabéns logo de que un dos seus corredores, Daniel Rodríguez se fixera co segundo posto no campionato escolar de ciclismo, no que participaron tamén representando a Galicia outras dúas corredoras da Escola, Elsa Portela e Noelia Sérrano. Unha rapazas que non son excepción nesta escola na que hai unha importante presenza feminina. De feito, Sérrano apunta que dos 28 nenos que participan hai un total de 8 rapazas “unha porcentaxe impensable cando eu era neno”. Un incremento no número de mozas que practican este deporte na nosa vila que é tamén froito da labor de captación que se fai nos colexio a través de actividades extraescolares. Os corredores eran recibidos onte polos responsables do goberno local. O concelleiro de deportes, Jesús Crespo agradecía a presenza dos deportistas e aplaudía o súe traballo por ser “todo un orgullo recibir a tres mozos que representan a Redondela na selección galega”. O alcalde felicitaba o esforzo que hai detrás da escola e salientaba que se estean a celebrar “éxitos tan importantes con tan só ano e medio de vida”. Un éxitos que demostran o bo momento que está a vivir o deporte do pedal entre os máis pequenos.  

Marcos Serrano director deportivo
Unha escola recén creada baseada no eesforzo e no raballo
Ciclismo base
Nenas e nenos forman parte desta Escola que promove tamén o ciclismo nos colexios
Daniel Rodríguez subcamión de España
Fálanos da carreira disputada en Jaén
Elsa Portela e Noelia Serrano
Redondela contou tamén con representación nas probas femininas
Jesus Crespo Concelleiro de deportes
Felicita aos corredores
Javier Bas alcalde
Anima a Escola a seguir traballando como xa o fan na actualidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará