Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Chanfaina amplía a súa oferta con actividades nocturnas para os máis novos

RR_Noticias

A XII edición da festa gastronómica de exaltación da chanfaina e a carne do Suído que se celebra este domingo en Fornelos de Montes mantén os seus os prezos para que todos os asistentes  poidan gozar do produto local. Unha programación que arranca hoxe venres cunha Festa da Xuventude con tres Djs.

Os comensais poderán degustar o prato de chanfaina a tan só 4 euros e o de carne de suído por 6 euros. Unha cita que quere dar a coñecer aos visitantes os produtos gastronómicos da zona, coa venda dunha carne alimentada de xeito ecolóxico nos montes do municipio. As casetas de degustación abriranse sobre as once da mañá e os comensais poderán durante todo a xornada degustar a carne preparada á brasa por cociñeiros profesionais acompañada de patacas. O humorista redondelán Somoza será o encargado este ano de ler o pregón ás doce do mediodía. Este ano os organizadores amplían a súa oferta festiva cunha Festa da Xuventude que terá lugar hoxe ás 22:00 horas. Comezará co Dúo Estelar quen dará paso á actuación dos Djs Marcos Magán, Dj Sonic e DJ Charlie.  

Cayetano Tamaño Comisión de festas
Prezos económicos para degustar un produto local
Festa da Xuventude
Tres Djs amienizarán a noite do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará