Os cortes, que se produciron na noite do pasado luns entre as nove e as doce e media da noite afectou aos veciños de Saxamonde, Negros, e algunhas zonas de Cabeiro, Vilar, e Quintela. Dende o BNG piden explicacións ao goberno de Javier Bas por este feito que produciu numerosos prexuízos a particulares, establecementos de hostalaría e pequenas empresas.
O apagón producíase na noite do luns ao redor das 21:00 horas afectando principalmente ás parroquias de Saxamonde e Santo Estevo de Negros.
Dende o BNG veñen de presentar unha serie de preguntas ao goberno municipal para que lles faciliten información en torno ao acontecido ou ben que reclamen dita información á empresa subministradora, Unión Fenosa Gas Natural.
Entre outras cuestións solicitan información sobre os motivos que provocaron o corte eléctrico e si se vai pedir algún tipo de compensación a empresa “por tratarse de falla de alumeado durante unhas horas de importancia dende o punto de vista dos veciños” motivo polo que instan ao goberno local a que “artelle algunha fórmula para que se faga unha demanda colectiva na que tanto os particulares, como os diferentes establecementos, se lles compense polos prexuízos causados polo corte no subministro”.