Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo Amigos del Balón faise co XL Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

Un emocionante e igualado encontro na pista da Xunqueira puxo fin a case un mes de fútbol. O equipo formado case na súa totalidade por xogadores do Mosteiro Bembrive que milita en 2ªB logrou o campionato tras imporse aos xogadores do Cafetería Nordés por 4-3. Foi ademais un dos xogadores deste equipo, Bernardo Bilok Varela quen recibiu o galardón ao mellor xogador do campionato. Luis Carrera Garrido do Diverchan foi o máximo goleador desta edición.

Un Mundialito no que os Amigos del Balón lograron esa primeira posición seguidos por Cafetería Nordés, mentres que no terceiro posto remataba Rodavigo tras vencer aos xogadores de O Chusco D,Guay que concluiron o campionato clasificados no cuarto posto.
Logo da final, disputada o pasado sábado, tivo lugar a entrega de trofeos que recoñecía a deportividade amosada polos xogadores de Diverchán e premiaba tamén ao Rodavigo por ser o equipo menos goleado.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará