Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican a exigua sanción a unha empresa que realizou dous vertidos no Monte de Cedeira

RR_Noticias

AER critica que malia anunciar sancións exemplarizantes, finalmente a Concellería de Medio Ambiente multase con tan só 901 euros a unha empresa que supostamente realizou dous vertidos contaminantes no Monte de Cedeira. A Agrupación de Electores non entende porqué se aplica unha sanción tan leve a un delito grave, xa que entre os cascallos deixados no monte había “restos de uralita e poliespán” altamente contaminantes.

O propietario dunha empresa de construcción que estaba a realizar unha obra en Vigo recoñeceu ser o autor dos vertidos polo que dende o Concello se procede a abrir un expedientes sancionador polo sucedidos. Dende AER explican que dous días despois “o causante deste delito medioambiental retirou os escombros, pero o 4 de maio a policía local atopou un novo vertido noutra zona de Cedeira, sospeitando que procedía da mesma empresa e que era retirado o día 6 de xuño”.
O suposto autor do vertido foi sancionado con 901€ unha multa que non convence aos membros de AER, quen critican que “para sancionar esta infracción grave, o goberno local considere que estes residuos non son perigosos, e se empregue o tramo de 901 € a 45.000€ de multa en vez do tramo de 9.001 € a 300.000 €”, sobre todo tendo en contra que o vertido contiña amianto, un material considerado canceríxeno e que é cualificado de perigoso.
Cualifican tamén de sorprendente que non conste no expediente informe técnico algún respecto dos materiais que compoñían os vertidos e que incluso coa cualificación que se lle dá, “non se teña en conta como agravante o intento manifesto de ocultación ao cubrir con palla o segundo vertido”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará