Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección do documental “Angrois no esquecemento”

RR_Noticias

Cando ven de cumprirse un ano da traxedia ferroviaria que conmocionou a toda Galicia o 24 de xullo do pasado ano, a formación Espazo Ecosocialista de Redondela proxecta este documental non que se fai un percorrido polo acontecido nesa xornada a través das experiencias das vítimas, persoal de emerxencia e veciños de Angrois. A proxección terá lugar o venres ás 21:00 horas na Casa da Cultura e a continuación intervirá o coordinador da Plataforma galega Salva o tren, Fernando Gómez e a súa protavoz Lucía Latorre.

O documental Angrois no equecemento, realizado polo Colectivo Audiovisual lentes Diverxentes, recolle declaracións de persoas que salvaron a vida malia viaxar nese tren Alvia que se saía da vía na xa tristemente coñecida curva de A grandeira, unha traxedia na que faleceron 80 persoas. Ademais das propias vítimas, participan profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate dos accidentados no descarrilamento. En total, no documental participan 14 persoas que intentan esquecer e superar aquela data.  Moitos deles loitan día a día para que se esclarezan as causas do sinistro, e esixen unha investigación independente e responsabilidades políticas . Logo da proxección haberá unha mesa redonda coa participación do Coordinador da Plataforma Galega Salva o tren, Fernando Gómez e a voceira do colectivo, Lucía Latorre.  

Angrois no esquecemento
Trailer

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará