Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Alonso, o edil “díscolo” do PP

RR_Noticias

A lei Wert, o aborto ou o xenocidio en Palestina amosan diferenzas ideolóxicas dentro do PP de Redondela. O concelleiro responsable de Cultura, Julio Alonso non dubidou nos tres casos en votar de xeito diferente ao resto dos seus compañeiros de partido. Onte volveu escenificar a súa “distancia ideolóxica” ao votar a favor dunha moción presentada polo BNG contra o xenocidio de Israel ao pobo palestino. Os seus compañeiros de partido votaron en contra argumentando que na moción non se facía referencia á existencia de vítimas entre a poboación israelita.

A primeira vez que o edil rachou coa disciplina do seu partido foi hai xa un ano. O seu voto non era decisivo, pero si foi sorprendente ver como toda a bancada popular votaba contra unha moción do PSOE agás Julio Alonso, que se sumaba ás críticas de PSOE, BNG e AER contra a Lei Lomce, tamén coñecida como Lei Wert, un anteproxecto moi contestado pola comunidade educativa da que o edil forma parte como docente.
Posteriormente tampouco compartiu a posición maioritaria dentro do PP, cando se abstivo na votación de dúas mocións presentadas por AER e PSOE na que solicitan a retirada da polémica proposta de modificación da lei do aborto promovida por Gallardón.
No pleno de onte Julio Alonso foi o único edil popular que apoiou a moción do Bloque contra o xenocidio de Israel ao pobo palestino. Unha moción aprobada grazas o apoio de todos os grupos da oposición que coincidiron en condenar a masacre que o Estado de Israel está a cometer contra o pobo de Palestina. Unha valoración que tamén compartiu o concelleiro de cultura, non así o resto dos populares que votaron en contra por entender que era necesario salientar tamén dentro da moción a existencia de vítimas entre a poboación civil en Israel.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará