Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE redondelán demanda medidas para mellorar a seguridade na Subida a Estación

RR_Noticias

O voceiro do grupo socialista, Eduardo Reguera, demanda que se dote a zona dun paso de peóns, que se pinten os carrís de circulación e as prazas do aparcadoiro, para mellorar a circulación e a seguridade, tanto de condutores como de peóns.

O grupo municipal socialista demanda que o goberno de Javier Bas realice unha actuación “urxente” de regulamento do tráfico e seguridade viaria na rúa de Subida a Estación. Denuncian que despois de tres anos de goberno a zona continúan sen ter delimitados os carrís, o aparcadooiro están sen pintar e non existe ningún sinal que indique se na rúa existen unha ou dúas direccións. O PSOE redondelán critica “a nefasta xestión en materia de tráfico e seguridade viaria” do actual goberno do PP. Advirten que na actualidade esta rúa é “moi transitada”, xa que supón un acceso directo dende a N-550 ao centro da vila. “No entanto, e malia que hai varios anos que remataron as obras das edificacións do lugar, a rúa permanece sen pintar, sen delimitar a velocidade, sen especificar se existe unha ou dúas direccións e sen marcar as prazas do aparcadoiro que existe no lugar”, aforma Reguera. O concelleiro socialista lembra que en marzo de 2011, cando o PP estaba na oposición, pediu a regulación da zona. Agora, logo de tres anos de goberno, “o único que realizaron foi un pequeno asfaltado con fondos da Deputación”. Os socialistas propoñen que se limite a velocidade na rúa, se poña un paso de peóns e que se limite o aparcadoiro na marxe dereita, xunto ao valo, porque dificulta a visión dos coches que baixan pola rúa. Tamén propoñen a instalación de bandas redutoras da velocidade. Unhas medidas que consideran “mínimas e urxentes” xa que a desorde pode provocar atropelos, e as persoas con mobilidade reducida ou que deben levar carros de bebés atravesan “nunha situación de perigo”. Outro punto importante neste lugar é delimitar os carrís existentes desde o cruzamento coa N-550 até a entrada á parte traseira dos edificios, posto que esta rúa sempre foi unidireccional e agora hai vehículos ascenden por ela para acceder á N-550.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará