Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A concellería de Medio Ambiente organiza unha visita guiada á Praza de Abastos de Redondela

RR_Noticias

A actividade, que inclúe unha degustación de produtos, forma parte do programa de obradoiros e rutas guiadas que organiza o departamento de Miguel Ángel Álvarez. Os biólogos explicarán aos asistentes as características dos produtos locais que se poden adquirir no mercado.

A cita, aberta para todos os públicos, será mañá martes, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ademais da visita e degustación de produtos locais, os asistentes recibirán receitarios de cociña. A actividade serve tamén para dar a coñecer mellor este lugar, símbolo do comercio e actividade económica da vila. Posteriormente, o xoves 21 de agosto, terá lugar o Obradoiro e Concurso de Papaventos, na praia de Cesantes, dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, con premios para os máis orixinais e para os que mellor voen. O sábado 23 de agosto organízase unha ruta de ida e volta dende a praia de Cesantes ata o Espazo da Rede Natura de Soutoxusto. Como finalización do programa, na mañá do sábado 6 de setembro levarase a cabo un percorrido de ida e volta polo río Maceiras, con saída dende a Casa do Concello. Para máis información poden contactar coa Oficina de Medio Ambiente do Concello de Redondela 986 400 300 ou a través de correo electrónico: medioambiente@concelloderedondela.es
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará