A menor de idade foi trasladada onte ao Hospital Provincial de Pontevedra con queimaduras nun brazo tras declararse un incendio na súa casa, en Soutomaior, segundo confirmou o servizo 112 Galicia.
O incendio produciuse sobre as 16.45 horas nunha vivenda do barrio de Lourido, e o servizo de emerxencias mobilizou aos bombeiros do Morrazo e de Pontevedra que, finalmente, non tiveron que desprazarse ao lugar posto que as chamas foron sufocadas por particulares. Tamén foron alertados Garda Civil e emerxencias sanitarias, que trasladaron á menor ao Hospital Provincial. O incendio só afectou a un colchón e a parte da roupa da nena.