O departamento de Participación Cidadá ten aberto o prazo de matrícula para diferentes cursos dentro do Programa Actívate e o Programa Activa. Tamén se organiza un obradoiro de dúas horas denominado “Aprende a falar en público”, que se impartirá o 8 de setembro.
Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de Participación Cidadá, no Concello de Redondela, ou no teléfono 986.402.842.