O corredor, un dos ciclistas máis novos da Escola de Ciclismo de Redondela, estivo a piques de conseguir a súa primeira vitoria na modalidade de BTT. Foi segundo no Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive e rozou a vitoria.
O equipo que dirixe Marcos Serrano, que se presentou á cita cunha ducia de deportistas, foi un dos que animou a competición. Xián Alvariño chegou a figurar como líder da carreira. A Escola de Ciclismo Redondela participou tamén a pasada fin de semana no Trofeo Festas de Vigo que se disputou nas instalacións do IFEVI. O conxunto redondelano leva varios triunfos na actual tempada e os seus ciclistas estan presentes en numerosas citas.