Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e baile “De Raíz” en Redondela coa I Mostra de folclore galego de Traspés

RR_Noticias

A programación de verán da Concellaría de Cultura achega a Redondela o espectáculo de música e baile tradicional “De Raíz”, da Asociación Cultural Traspés. Unha viaxe pola rica e variada tradición que percorrerá toda a xeografía galega. O venres ás 22.00 na Praza da Casa da Torre.  

Esta asociación cultural de Vigo traballa desde hai anos na recollida de campo e na recuperación etnográfica, para o que se desprazan por todo o territorio galego para aprender da man dos máis vellos os bailes, as músicas, os cantares e todo o que ten que ver coa cultura do país: a roupa, as tradicións, os pasos de baile ou os xeitos de tocar cada instrumento. Todo ese patrimonio é o que logo dan a coñecer ao público nas súas actuacións. Fran Sieira, un dos integrantes de Traspés, explica que o seu obxectivo é “amosar ao público a riqueza do patrimonio inmaterial galego” e facelo chegar ás novas xeracións. Coa I Mostra de Música e Baile tradicional, Traspés ofrece un espectáculo cun alto nivel de calidade que non ha deixar indiferente a ninguén. Prometen diversión “e emoción” coas muiñeiras dos Ancares, os Maneos de Carballo, os Cantos Mariñeiros ou a Danza das Francadas, de Rianxo. Nesta I Mostra participan 8 parellas de baile, máis dunha ducia de pandereteiras e pandereteiros e un amplo grupo de música, que levarán ao público a unha viaxe por toda a xeografía galega, cos seus diferentes bailes, ritmos, xeitos de tocar e de cantar. A cita é o venres 29 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza da Casa da Torre. Entrada libre.  

Fran Sieira de Traspés
Esta asociación viguesa traballa desde hai anos na recuperación da música e o baile tradicional por toda a xeografía galega.
I Mostra de Música e Baile Tradicional
Un espectáculo no que se unen diversión e emoción.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará