A numerosa agrupación local será a encargada de pechar o ciclo de concertos organizados polos locais de hostalaría da rúa Meixón Frío. A cita será mañá xoves, ás 21.00 horas, e promete diversión e sorpresas nun ambiente familiar con estes clásicos da música redondelá.
Para os membros da Rondalla actuar no Meixón Musica supón ademais unha satisfacción especial, xa que foi nesta programación musical na que se deron a coñecer ao público hai algúns anos. Amadeo Cuntín, un dos compoñentes da formación, asegura que será un concerte especial, onde estarán arroupados “por amigos”. No repertorio, co que repasarán os temas clásicos da formación como “El arriero va” ou “Veneciana”, tamén incluirá temas novos que a Rondalla incorpora ao seu repertorio, como “El mar”. Por este ciclo de concertos do Meixón Music xa pasaron ao longo deste verán grupos como Tangata, Amurón, Rëisk ou Os Walter Mathaus.