Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta inviste 94.000 euros na reparación do muro de contención na illa de San Simón

RR_Noticias

O conselleiro de Cultura e Educación visitou onte as obras para a reparación urxente do muro de contención de pedra do Campo das Alocucións, que fora derrubado polos temporais do pasado inverno.

Jesús Vázquez estivo onte en San Simón, onde se están levando a cabo as obras para a reparación do muro de contención situado no Campo das Alocucións. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, destina un total de 94.000 euros para esta reparación urxente. Na actualidade xa se retiraron os restos de pedra e terra precisos para a posterior reconstrución do muro. Ademais colocáronse as estadas, fíxose a cementación e xa está levantada unha parte do muro. Tamén foi preciso apuntalar unha serie de árbores que corrían risco de derrubo. Neste orzamento tamén se incluíron todas as medidas auxiliares e complementarias precisas para a execución da obra, como transporte de maquinaria, material e persoal ata a illa, o desprazamento dentro dela ou o traslado de cascallo ata o vertedoiro. Na visita realizada onte a San Simón o conselleiro estivo acompañado da directora xeral de Patrimonio, Mª Carmen Martínez; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do alcalde de Redondela, Javier Bas e do concelleiro de Patrimonio, Arturo González.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará