Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela destina máis de 90.000 euros aos centros culturais e asociacións

RR_Noticias

Cada un dos trece Centros Culturais Parroquiais do municipio recibirán unha axuda de 3.000 euros para sufragar os seus gastos xerais. Ademais o Concello achega outros 24.645 euros para financiar actividades realizadas por diferentes colectivos, e outra subvención de 26.671 para actividades culturais.

Os Centros Parroquiais beneficiados coa axuda de 3.000 euros son o Centro Social e Cultural de Cedeira, a Asociación Veciñal e Deportivo Cultural Miñoteira, o Centro Cultural de Cabeiro, o Círculo Cultural de Chapela, o Centro Recreativo Cultural de Redondela, o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, o Centro Cultural San Vicente de Trasmañó, o Centro Social e Deportivo Cultural Chan das Pipas, a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, a Asociación de Veciños de San Estevo de Negros, o Centro Cultural de Vilar de Infesta, a Asociación Cultural e Deportiva de Cidadelle e a Asociación do Barrio de Saramagoso.
Para as actividades que realizan ao longo do ano, o Concello subvenciona con 24.645 euros a un total de 18 asociacións veciñais e culturais con diferentes cuantías. Trátase dunha achega económica para os seus obradoiros de música, clases de ximnasia, Ioga, Pilates, campamentos, cursos de manualidades, etc. Outra partida de 26.671 euros do Concello destínase concretamente a eventos culturais de 26 asociacións ou colectivos. Trátase de eventos como festivais de música, concursos de fotografía ou pintura, publicacións, magostos, festas gastronómicas, exposicións, etc.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará