A asociación pon en marcha un ano máis diferentes cursos de música tradicional galega para todas as idades, con clases de gaita e pandeireta, ademais da iniciativa Música de Palleiro, na que os nenos participan cos seus pais, nais ou avós.
Co comezo do mes de setembro a Sociedade Cultural do Viso inicia a inscrición para os cursos de gaita galega, impartido por Manuel Cruces, e pandeireta, impartido por Luis Prego. As clases de gaitaos venres de 18:30 a 22:30 horas, con varios grupos personalizados, e os de pandeireta os martes de 18:30 a 20:00 horas. Xosé Covelo, da directiva desta asociación, explica que non é preciso ter coñecementos previos de música, xa que as clases adáptanse aos diferentes niveis dos alumnos. Dende a asociación consideran o achegamento á música tradicional como un “complemento ideal” para a formación dos cativos, sempre dende unha perspectiva lúdica, e facendo posible o desenvolvemento de habilidades musicais “a través dos instrumentos tradicionais galegos”. Dentro desta visión da cultura e tradición galegas, en outubro comezará a actividade “Música de Palleiro” os sábados en horario de mañá, onde interactúan nenos e adultos. Nas clases aprenden música e baile galego, cultura, costumes e tradicións propias de cada época do ano. Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ó teléfono 656.938.058 ou a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com.