Os asinantes do manifesto Somos maioría celebra unha reunión este mércores día 3 ás 20:00 horas na Casa da Cultura co obxectivo de poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadán no noso concello. Os promotores da convocatoria lembran que se trata dunha iniciativa aberta a toda a cidadanía independentemente das súas afiliacións políticas.
Os asinantes do manifesto Somos Maioría de Redondela reuniranse este mércores para promover unha Candidatura de Unidade Cidadán na vila. Esta proposta nace para xerar unha alternativa de cara ás eleccións municipais atendendo á importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
Os participantes da mesma entenden necesario argallar unha alternativa común para “agrupar á inmensa maioría das persoas e organizacións comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego para en primeiro lugar desaloxar a corrupción e poñer os concellos ao servizo do pobo e do noso país”.
Para iso achegan convocan unha xuntanza que terá lugar mañá mércores ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Redondela.