A cita gastronómica terá lugar este domingo organizada pola Asociación de Veciños San Paio. Un evento centrado na tradicional sobremesa, semellante a unha filloa preparada con millo, ovos e leite, e no que os asistentes poderán degustar tamén outros pratos como churrasco, polbo ou callos.
Os organizadores esperan superar os mil asistentes nunha xornada que arrancará ás once da mañá do domingo. O pregón correrá a cargo do veciño de moscoso e presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira. Este ano actuará un grupo de música popular durante a festa e na carpa instalada para a ocasión poñeranse á venda productos ecolóxicos e artesanais da zona.
Os asistentes poderán degustar polbo, churrasco, paella, callos e sobremesas caseiras ademais das chulas preparadas de xeitos distintos e elaboradas no lugar.