A xeira nocturna será esta noite ás 21:00 horas con saída desde a Casa Cultural de Amoedo, da man do arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudios Miñoranos quen será o encargado de darlle a coñecer a todos os participantes a arte rupestre máis representativa da parroquia de Amoedo, en Pazos de Borbén. Participa tamén o astrónomo Julio Pereira, membro da agrupación Astronómica Rías Baixas.
A actividade comezará na propia Casa Cultural de Amoedo, na que Vilar disertará sobre arqueoloxía e patrimonio galego antes de saír de ruta pola recentemente creada “Senda Arqueolóxica de Amoedo”. Unha senda de 13,3 kilómetros de lonxitude da que hoxe percorrerase so un tramo. Os organizadores animan ao público de todas as idades a participan nesta xornada de lecer para coñecer a riqueza patrimonial do país. Ao tratarse dun percorrido nocturno tamén recomendan levar unha lanterna e algo de abrigo “por se refresca”. En todo caso a senda, cuxo trazado se completou a pasada primavera, pode ser visitada a calquera hora por todos aqueles que así o desexen. Trátase dun percorrido que, no caso de deterse nos 80 petróglifos e as 23 mámoas que o compoñen, pode levar varias horas. Tamén hai outros elementos de interese etnográfico como Foxo do Lobo do Río Alvedosa, muíños, lavadeiros ou restos de poboados “que reflicten a organización do complexo rural agrogandeiro dende o neolítico”. Para facilitar o percorrido na Casa Cultural facilitarán aos visitantes un pequeno mata no que se localizan os principais elementos de interese da senda.