Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. cae derrotado na Copa Xunta ante o Talleres ABC Vigo nun encontro moi igualado

RR_Noticias

Malia a derrota por 2-0 no pavillón das Travesas, o club redondelán cualifica de “excelente” este encontro, no que os dous equipos puxeron “toda a carne no asador” e ofreceron un gran espectáculo de fútbol sala aos seus afeccionados na estrea da Copa Xunta.

Non houbo ningún momento de relaxación en todo o partido, xa que ambos equipos mantiveron unha gran intensidade. Carballo, na primeira chegada dos vigueses, coa colaboración de Iván, entrou coa pelota dentro da portería redondelá e subiu o 1-0 ao marcador. Nestes primeiros vinte minutos, o Redondela FS errou varias ocasións claras para conseguir o empate, mentres que os vigueses chegaban en menos ocasións, pero con máis perigo. A segunda metade estivo moi igualada ata o minuto 31. Un claro penalti de Yago tras un erro nun despexe do porteiro Naka logo dun lanzamento de 10 metros que se estrelou co longueiro, daba tranquilidade aos locais cun 2-0 que sería xa definitivo. A partir de aí o Redondela incorporou a figura de porteiro xogador e dominou o encontro, pero sen ocasións claras para acurtar distancias. Malia a derrota, moi boas sensacións por parte dos dous equipos, tanto físicas como tácticas, o que fai pensar que esta Liga Galega 2014-2015 será moi competida. Antes da competición oficial, que arranca o 20 de setembro, aínda disputarán outro encontro amigable, mañá martes, diante da Quinta Carballeira Tui, ás 21.30 no Pavillón Municipal de Redondela. O sábado, día 13, volve a Copa Xunta co encontro ante o Leis Pontevedra (Municipal Redondela 16.30 horas)
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará