Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

800 moteiros daranse cita o sábado no II aniversario do Motoclub Redondela

RR_Noticias

Unha ruta moteira, sorteos, exhibicións e música a cargo do grupo redondelán Los Walter Mathaus son as principais actividades que se van desenvolver no Campo da Feira o vindeiro sábado día 13 dentro do programa organizado polo Motoclub Redondela co gallo da celebración do seu segundo aniversario.

As actividades arrancarán cunha concentración dos participantes, que se espera sexan máis de 800 moteiros, no Campo da Feira as catro da tarde. Dende alí partirán para facer unha ruta pola comarca e regresar ao punto de partida no que se realizarán sorteos de agasallo, unha exhibición a cargo dos pilotos da escola Lorenzo de Pontevedra e a degustación de pinchos para os asistentes. A actuación do grupo redondelán Los Walter Mathaus porá o broche final á xornada. Haberá ademais postos de roupa e accesorios para motos. Convídase tamén a todos os que o desexen a colaborar nunha campaña de recollida de alimentos en colaboración co banco de Alimentos de Vigo. Haberá varios voluntarios da organización recollendo alimentos non perecedeiros (pasta, arroz, legumes, latas…) que serán repartidos posteriormente a aquelas familias que os precisen.  

Carlos Figueroa presidente Motoclub Redondela
Unha iniciativa que partiu de catro amigos amantes das motos
II aniversario
Varias actividades a desenvolver na tarde noite do sábado 13
Recollida de alimentos
Unha colaboración co Banco de alimentos de Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará