As persoas interesadas en practicar estes deportes débense inscribir previamente para facilitar a organización das saídas. Durante todo o sábado haberá tamén prácticas de tiro con arco, visitas ao Centro de Interpretación da batalla de Rande, actividades para nenos e unha foliada a partir das 17:00 horas.
A Asociación Deportiva e Cultural de Rande en colaboración co Centro Cultural de Trasmañó son os organizadores desta cita que se celebra por segundo ano consecutivo. Logo do éxito do ano pasado lembran a necesidade de inscribirse nas actividades de vela e kayak para non quedar en terra e facilitar tamén o traballo da organización. Así os interesado poden anotarse de xeito gratuíto no teléfono 667 799 389. Non é necesario inscrición previa no resto das actividades tales como tiro con arco ou visitas ao Meirande. Haberá tamén inchables e xogos populares para grandes e cativos e unha foliada a partir das cinco da tarde. Os que o desexen poderán tamén degustar polbo, churrasco e empanada que durante todo o día se ofertará a prezos populares.