Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debate sobre a mobilidade no Multiusos

RR_Noticias

A cooperativa Trespés convoca unha xuntanza para debater sobre o actual modelo de transporte/mobilidade en Redondela, tanto no casco urbano como nas parroquia. A cita é hoxe luns 22 ás 20:30 no Multiusos da Xunqueira aberta a todas as persoas e colectivos que queiran achegarse.

Incentivar o uso do transporte urbano co incremento nas liñas e frecuencias e a reducción nas tarifas, fomentar o uso da bicicleta coa habilitación de carris bici, restrinxir o acceso de coches aos cascos urbanos… estas son tan só algunhas das medidas que en diferentes poboación se teñen aplicado orientadas a mellorar a mobilidade sustentable das persoas.
Para falar destas e doutras medidas e coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade e o día sen coches, a cooperativa Trespés convida a colectivos, asociacións e en xeral a todas as persoas interesadas a unha xuntanza coa finalidade de debater xuntos sobre o actual modelo de transporte/mobilidade en Redondela. Nesta xuntanza falarase das carencias e de posibles alternativas, non só para a vila senón tamén para as parroquias. A cita é hoxe luns 22 de setembro ás 20:30 no multiusos de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará