Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Apoio unánime da corporación ás demandas dos afectados pola ampliación da AP-9

RR_Noticias

Todos os grupos presentes na corporación apoiaron a moción presentada pola propia asociación de afectados e na que se recollen un total de 14 puntos nos que se enumeran diferentes peticións de mellora orientadas a minimizar os negativos efectos que a ampliación da autoestrada terá no noso concello. Ademais de esixir prezos “xustos e reais para os expropiados” reclámaselle a Fomento outras compensacións como a eliminación da peaxe en Rande, a instalacións de barreiras de proteccións acústicas e a mellora no acceso á Trasmañó.

Non houbo sorpresa xa que a moción estaba consensuada previamente entre todos os grupos presentes na corporación. Malia todo, no debate houbo tamén reproches ante o que os grupos da oposición entenden “é a gran derrota do goberno de Javier Bas” xa que vai ser durante o seu mandato e cun “goberno amigo” en Madrid cando se aprobe esta actuación. Neste sentido o voceiro de AER, Alfonso Blanco cualificaba a ampliación da AP-9 como “un pelotazo sen xustificación” tendo en conta que o tráfico na autoestrada leva anos descendendo e previsiblemente continuará baixando coa posta en marcha do transporte metropolitano”. A nacionalista Cecilia Orge lamentaba “a resignación por parte dos veciños” a que se faga unha obra “innecesaria que non vai solucionar o problema do tráfico, senón incluso incrementalo”. A edil entende que a decisión do Ministerio supón “a gran derrota do goberno local e do alcalde que foi ninguneado por parte da ministra Ana Pastor”. No mesmo sentido se manifestaba o socialista Eduardo Reguera quen logo de lamentar que os primeiros en defender a ampliación foran os seus compañeiros de partido en Madrid acusaba ao PP de manter posturas contradictorias “xa que mentres en campaña electoral aseguraron que de chegar a gobernar non se faría esta obra agora fan xustamente o contrario”. O edil popular Miguel Angel Alvarez responsabilizaba da ampliación precisamente ao ex ministro socialistas José Blanco  “quen firmou a obra días antes das eleccións”. Lamentaba que a obra se vaia facer “pero non estamos derrotados, agora hai que ir da man para lograr que as parroquias afectadas sexan compensadas”.  

Baltasar Cela Asociación de afectados
O presidente do colectivo foi o encargado de ler a moción
Alfonso Blanco AER
Un pelotazo sen xustificación
Cecilia Pérez BNG
A nacionalista entende que a aprobación da ampliación é o gran fracaso do goberno local
Eduardo Reguera PSOE
Acusa ao PP de manter posturas contraditorias
Miguel Angel Alvarez PP
Anima a seguir da man todos xuntos xa non en contra da ampliación senon en defensa dos expropiados e afectados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará