A actuación nos dous parques de Redondela suporán un investimento próximo aos 22.000 euros e correrá a cargo da empresa HCP Ibérica S.A. A Deputación de Pontevedra adxudicou tamén a reforma do parque infantil do Peirao de Arcade cun investimento de máis de 47.000 euros ás empresa Galopín Playgrouns S.L.
A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar os traballos de mellora dos parques infantís de Soutoxusto e do Centro Cultural de Cidadelle en Chapela. As obras adxudícanse á empresa HCP Ibérica S.A. por un importe de 21.773,77 e consistirán na dotación de novo piso amortiguador, o valado dos recintos e a adquisición de novos xogos, como balancíns, randeeiras, equipos de xogos múltiples e xogos de resorte con diferentes formas.
Pola súa banda, o parque infantil do Peirao de Arcade, en Soutomaior, será reformado cun investimento de 47.159,75 € pola empresa Galopín Playgrounds S.L.
Os traballos consistirán na instalación de novo pavimento, céspede artificial e valado, e na renovación de varios xogos infantís.