Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas garante un compromiso de Fomento coa N-555 ante de rematar o ano

RR_Noticias

Así o explicou o rexedor local no último pleno logo de que a Agrupación de Electores solicitase a súa comparecencia para explicar en qué situación se atopa o proxecto de arranxo para a estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador. Dende hai anos os veciños veñen reclamando diferentes melloras que pasan pola instalacións de semáforos e pasos de peóns e a construcción de beirarrúas que garantan a seguridade viaria.

O edil de AER, Alfonso Blanco, salientaba que estas demandas foron reclamadas por diferentes grupos políticos e incluso pola propia corporación municipal que aprobou diferentes mocións plenarias nese sentido. O rexedor local asegura que se trata dunhas obras de mellora que están a ser estudadas por parte dos técnicos de Fomento a quen se lles enviou un dossier no que se recollen todas as demandas. Engadía Javier Bas que hai un compromiso “por parte do Ministerio de trasladar ao concello ante de rematar o ano un proxecto no que se recollan as obras previstas”. Recoñecía o alcalde que a día de hoxe non existe nada por escrito “pero que si hai un compromiso verbal que esperamos ter xa plasmado en papel antes de rematar o 2014”.  

Alfonso Blanco AER
A Agrupación de Electores pediu explicacións pola demora no arranxo da N-555
Javier Bas alcalde
Asegura que existe un compromiso verbal que debería concretarse antes de finalizar o ano por parte de Fomento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará