Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama ao goberno local que mellore o acceso a Cidadelle

RR_Noticias

O grupo municipal socialista reclama ó alcalde de Redondela, Javier Bas, que axilice as xestións para garantir a viabilidade da subida a Cidadelle nos próximos meses. Un compromiso que, segundo explican “o goberno local anunciou ata en tres ocasións garantindo que o barrio de Cidadelle contaría cunha entrada dende a estrada Nacional”.

Aseguran os socialistas que os trámites para esta obra comezáronse antes da chegada de Javier Bas á alcaldía pero que tras máis de tres anos “parece que o goberno do Partido Popular non tivo a capacidade de culminar o proceso para poder dotar á subida a Cidadelle dunha nova entrada”.
A agrupación socialista de Redondela entende que este proxecto é moi necesario para o barrio de Chapela e para o lugar de Cidadelle en particular. Engaden que malia ser conscientes de que “as expropiacións son lentas, non entendemos que aínda non se puidera avanzar neste proxecto. Eduardo Reguera acusa ao PP local de “vender fume no lugar de volcarse na mellora da entrada da subida a Cidadelle”
Por todos estes motivos, solicita ó alcalde que “determine de xeito claro o estado deste proxecto, estableza prazos cribles e abordables para a súa execución e aclare se ten pechada a colaboración de outras administracións para o mesmo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará