Cun marcador de 4-5 os de Chapela fixéronse cos tres puntos no Pavillón Municipal do Barrio das Flores. Lideran en solitario o seu grupo e son o único equipo que conta os dous partidos de liga disputados como vitorias. O sábado recibirán en Chapela ao Husqvarna Ventorrillo.
Liga Galega Norte
A.J.Pombo 4-5 Arealonga F.S.
Nun encontro disputado en terras coruñesas e con moitos goles, os redondeláns fixéronse co partido. Un longo desprazamento no que non estiveron sós, senón que contaron co apoio dos seus afeccionados. Deste xeito o Arealonga F.S. é o único equipo do grupo que suma dúas vitorias nas dúas xornadas disputadas, logo de impoñerse ao C.D. Lodairo na estrea. Seis puntos que os levan ao máis alto da táboa. Con todo, no equipo queren ser prudentes e seguir “con humildade, paso a paso”. Agora xa preparan o próximo encontro, será en Chapela diante do Husqvarna Ventorrillo. O rival é un dos pechacancelas do grupo, xa que non ten ningún punto no seu casilleiro, aínda que leva un partido menos disputado.