O equipo de Chapela, que compita la Liga Galega Norte convidado pola Federación Galega de Fútbol Sala, tivo un comezo de liga espectacular. É o único equipo que conta como vitorias os dous partidos disputados, e son líderes do grupo.
Para Iván Vázquez, presidente e xogador do club, o liderado é algo “anecdótico” despois de dúas xornadas, e advirte que a liga pode dar aínda “moitas voltas”. Con todo, os resultados animan ao equipo “a seguir traballando” na mesma liña para seguir sumando. O seu obxectivo é consolidarse na categoría e poder xogar a próxima temporada na Liga Galega Sur, onde militan tamén o Redondela F.S. e o Campito F.S. O feito de xogar na norte supón para o equipo de Chapela varios problemas, como os longos desprazamentos que se ven obrigados a realizar á provincia de Ourense e Lugo, sumado ao feito de que non coñecen aos rivais aos que se enfrontan. Con todo, están a pasar o exame con moi boa nota, logo das vitorias sobre o C.D. Lodairo e o A.J. Pombo. A próxima xornada xogan en Chapela co Husqvarna Ventorrillo. O rival do sábado é un dos pechacancelas do grupo, xa que non ten ningún punto no seu casilleiro, aínda que leva un partido menos disputado. Para Vázquez a situación na táboa do club coruñés non é algo significativo, e confía contar coma semrpe co apoio da súa afección para facer un bo partido na casa e sacar un resultado positivo.