O III concurso de bandas locais terá lugar este sábado 11 ás 23:00 horas no local La Movida organizado pola asociación Ventorock. Unha final na que participan os vigueses Quarzum, a banda Malheira chegada dende Ourense e os monfortinos Eskizofrenia. A entrada custa 2 euros. O gañador farase co dereito a estar no cartaz da VII edición do Festival Ventorock que se celebra o 15 de novembro.
Quarzum é un quinteto de hard-rock/heavy metal de Vigo nacido en 2011. o seu repertorio está cargado de versións de grupos como ACDC, Deep purple, Ozzy osbourne, Scorpions, Barón rojo, aos que hai que engadir algúns temas propios.
Dende Ourense chegan os Malheira coa súa música metal rock.
E xa para concluir, completa esta terna a banda Eskizofrenia, un grupo de punk rock formado en 2009 en Monforte de Lemos.
Tres formación que participan neste concerto concurso que se vai celebrar o sábado no local la Movida organizado pola asociación Ventorock