Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente confirma o inicio inmediato da primeira fase do paseo do Maceiras

RR_Noticias

As obras previstas neste primeiro tramo ascenden a case 60.000 euros e suporán o acondicionamento dun sendeiro de 500 metros que unirá o casco urbano co Camiño da Fonte en Cedeira. A concellería traballa tamén na recuperación do espacio dunar en Cesantes, unha actuación na que se investirán 8.000 euros.

O edil de medio ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros confirmou que as obras poderían comezar en breve unha vez que xa se dispón do proxecto e xa se xestionou a adquisición dos terreos por onde vai discorrer a senda. Nesta primeira fase está prevista a construcción dunha pasarela de pedra, muros de contención e outros traballos que permitan acondicionar ao redor de medio quilómetro que discorrerá entre a zona do Salgueira ata o lugar coñecido como Camiño da Fonte da Lama. Unha actuación financiada pola Xunta quen achegará a través dun convenio asinado co concello un total de 56.681 euros. Por outra banda, estase a traballar xa na recuperación do espacio dunar na zona da praia da Punta en Cesantes, con actuacións encamiñadas a eliminar as especies invasoras e alóctonas e a colocación de carteis informativos sobre a fauna e flora do lugar. Unha intervención na que se investirán 8.000 euros financiados maioritariamente con Fondos europeos a través dos GAC (Grupos de acción costeira).  

MIguel Alvarez Ballesteros edil de Medio ambiente
Explica en que consistirá a primeira fase de recuperación do Maceiras
Recuperación dunar en Cesantes
Unha actuación que xa se está a acometer na praia da Punta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará