Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pago do IBI

RR_Noticias

O 15 de outubro remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto sobre bens inmobles (IBI). Dende o servizo de recadación do Concello lembran que finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de atención ó público: mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas). Poden tamén descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación, introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición; e asemade poderán efectuar o pago on line a través do enlace existente na páxina web do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará