O Meirande acolle esta tarde a xornada “Os recursos mariños da Enseada de San Simón” a partir das 17:00 h. Celebrarase un ciclo de charla e unha posterior degustación de pinchos a base de algas. Inscricións no tf. 986 020899 ou no correo electrónico
xornadasansimon@gmail.com. Na fin de semana Cultura organiza a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” o sábado ás 18:00 horas e o día 12 celébrase un roteiro panorámico pola contorna do Meirande.
O Meirande celebra esta tarde unha xornada cultural-gastronómica que arrancará ás 17:00 horas coa proxección do documental submarino “O choco, baixo as ondas da enseada de San Simón na que se recollen os ambientes e especies máis representativas da enseada. A continuación terá lugar unha charla na que participan Manuel Garci quen falará do medio mariño, Purificación Alonso da cooperativa Ardora quen afondará nas algas mariñas como un recurso económico mentres que o experto en nutrición Manuel Portela explicará os aspectos nutricionais da dieta atlántica.
Pechará o ciclo de relatorios Fermín Fernández Saa da empresa Algamar que falará da comercialización das algas. A xornada rematará coa degustación de pinchos a base de algas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no 986 020899.
Xa na fin de semana as actividades continúan no Meirande cunha xornada audiovisual o sábado 18:00 coa proxección do documental Seguindo os pasos do ouro negro, con presentación e charla a cargo do Diego Casal. Falará das vivencias dos antigos traballadores da mina, o impacto do wolframio na economía galega e a importancia do antigo cargadoiro de mineral a carón do Meirande.
O domingo Cultura organiza un roteiro panorámico que inclúe unha visita ao museo así como un percorrido polo seu exterior con visitas aos elementos máis salientables que aínda perviven no lugar. Orientada a maiores de 12 anos as inscricións poden realizarse no Tf. 986458891 ou no enderezo electrónico museomeirande@redondela.es