Aprender a cociñar tortilla con estrugas ou a enxertar unha froiteira son tan só algunhas das actividades que se van desenvolver este sábado a partir das 11:00 horas na Alameda de Redondela enmarcadas dentro do XIII encontro da rede galega de sementes, onde a actividade central xira en torno ao troco, extracción e conservación de sementes. Os máis pequenos teñen tamén o seu espazo con obradoiros de mandalas e espantallos.
Un ano máis, volve o encontro da rede galega de sementes a Redondela. Será na Alameda onde se celebre esta actividade, sempre e cando o tempo o permita (en caso de choiva trasladarase ao antigo mercado do gando). As actividades arrancarán xa ás coa apertura das mesas de troco nas que os asistentes poderán intercambiar as súas sementes ou adquirir algunhas das que obran en poder dos organizadores. Haberá tamén unha exposición de flora galega, con explicacións sobre os usos das plantas silvestres e unha degustación culinaria coa elaboración de tortilla con estrugas e infusións variadas. A partir das 16:30 celebrarase unha mesa en torno á horticultura, fructicultura e plantas medicinais, para concluír a xornada cun obradoiro de extracción e conservación de sementes. Os mais pequenos terá o seu espazo propio, ás doce do mediodía cun obradoiro infantil de mandalas vexetais e pola tarde, a partir das 17:30 un obradoiro no que os pequenos acompañados dos seus pais aprenderán a construcción de espantallos.