Hoxe é Domingo 22 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca de Soutomaior promove o Feito a man

RR_Noticias

Aprender a facer pulseiras coa técnica xaponesa do kimihimo, iniciarse na labor do crochet ou decorar unha celebración con bandeiras multicolor, son algunhas das manualidades ás que nos poderemos achegar a través do novo ciclo de actividades para adultos que pon en marchar a biblioteca de Soutomaior. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 986 700 291 ou no enderezo biblioteca@soutomaior.com

Está aberto xa o prazo de inscrición nesta actividade para adultos que leva por nome  “Feito a man” e que a biblioteca municipal vai celebrar todos os martes ata finais de ano Sen custo para o usuario están dirixidas o público adulto con preferencia empadroados no Concello de Soutomaior. Os talleres impártense os martes de 17:45 a 19:45 h na segunda planta da biblioteca a cargo da artesá Elisabet Hillerud.
O primeiro dos obradoiros será este martes 14 de outubro no que os participantes poderán achegarse ao Kumihimo, unha técnica milenaria xaponesa de trenzado na que se utilizan uns teares para conseguir, entrelazando fíos, diferentes tipos de trenzado.
No obradoiro ensinaranse dúas técnicas diferentes para facer pulseiras Kumihimo feitas de “cola de rato” e fornitura. Tamén se ensinará a poñer as pezas precisas para pechar as pulseiras.
Na vindeira semana, o 21 de outubro o protagonismo será para o Crochèt. Aprenderanse os puntos básicos do ganchillo (cadenetas, punto anano, punto baixo, punto alto) e farase un centro de mesa que se poderá rematar como unha alfombra redonda.
Para concluír o mes, o martes 28 celebrarase un obradoiro de bandeiras decorativas no que utilizando diferentes teas e papeis de cores faranse figuriñas e bandeiriñas de decoración que pódense utilizar para decorar estancias e festas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará