A Banda de música de Chapela oferta unha praza de director para asumir a dirección da formación musical a partir do 1 de xaneiro do 2015. As persoas interesadas en facerse con este posto teñen de prazo ata o vindeiro 31 de outubro. Antes desa data deberán presentar as súas solicitudes no enderezo bandadechapela@hotmail.com.
Os interesados deberán presentar o seu curriculum vitae xunto cunha fotografía recente e un proxecto no que se recollan as súas liñas de traballo para o desenvolvemento musical da banda. A selección realizarase a través da valoración do curriculum dos candidatos, os proxectos presentados e unha entrevista persoal. Avaliarase tamén a súa capacidade para o cargo cunha proba de dirección.