Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé en Arcade

RR_Noticias

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios das xefaturas territoriais e na páxina web da Consellería.

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé na confraría de Arcade. O obxectivo destas novas incorporacións son segundo explican dende a Xunta “unha aposta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo”.
As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.
Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará