Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rande prepárase para revivir a batalla

RR_Noticias

Corenta veciños ultiman os preparativos para conmemorar este sábado o aniversario da batalla naval que se vivía na enseada de San Simón entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa no ano 1702. Os actos, organizados pola Asociación Deportivo e Cultural de Rnde e o Concello inclúen unha exhibición de embarcación tradicionais e visitas teatralizadas ao Meirande.

Logo de semanas traballando, os veciños cruzan os dedos para que o tempo acompañe e a representación, dirixida polos actores Paulo Medal e Almudena Zurita, se poida desenvolver tamén no exterior do museo. Con todo as actividades principais terán lugar dentro do Meirande e tamén hai previstas representacións fora do edifico pero baixo unha carpa xa instalada para a ocasión. Un programa que arrancará xa as 10:30 horas cunha feira de artesanía e demostracións de artesáns e unha exhibición de embarcacións tradicionais. Celebrarase ás 14:00 horas un xantar popular e pola tarde continuarán as visitas guiadas e teatralizadas dende as 16:00 horas ata as 19:00. A xornada rematará cunha gran tirada de fogos . Dende o Concello, o edil de cultura Julio Alonso salienta a importancia de dar contido a estes Centro de Interpretación da Batalla, motivo polo que durante todo este mes de outubro están se desenvolver actividades variadas neses espazo como roteiros guiados, presentación literarias, proxeccións cinematográficas e as xa habituais visitas teatralizadas.  

Juan José Comesaña ADC Rande
Fálanos das actividades do sábado 18
JUlio Alonso edil de cultura
Un mes intenso de programación no Meirande

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará