Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita o apoio do pleno aos pescadores do xeito

RR_Noticias

Critican a decisión do goberno español de pechar a pesca da sardiña sen facer ningunha distinción entre cerco, racú ou xeito e sen valorar as propostas do propio sector como a reducción de cotas de pesca e de días de faena. Con esta prohibición os barcos de xeito ou racú ven como se lle prohibe a posibilidade de poder pescar sardiña, como o viñan facendo de maneira inmemorial. Aféctalle a un total de 44 embarcacións no noso concello (4 racús e 40 xeiteiros).

Esta medida conleva, segundo explican dende o Bloque, graves repercusións para unhas artes tradicionais que teñen unha moi pequena incidencia sobre o cómputo total do tac tendo en conta que “o total de embarcacións do xeito de Galiza( 427) pescan ao longo do ano o equivalente a 2 barcos de cerco”.
Logo deste peche e despois das protestas do sector, o goberno español presenta un proxecto de axudas para a flota afectada no que se exclúe as embarcacións de racú e xeito, que ven así como non poden optar a unha axuda económica e tampouco poden traballar.
A maiores, ven de elaborarse en Bruxelas unha proposta de regulamento polo que se prohibe a pesca con redes de deriva e entre as súas recomendacións establece a prohibición de utilizar calquera tipo de rede de deriva a partir do 1 de xaneiro de 2015, no que se inclúe o arte do xeito.
Por estas razóns o BNG solicita ao pleno que amose o seu apoio as demandas do sector do xeito do noso concello así como as mobilizacións que organicen. Tamén solicitan que se lle inste a Xunta a que reclame a elaboración dun novo proxecto de axudas no que se inclúan apoios para a flota afectada polo peche como son cerco, racú e xeito así como que se exclúa as artes de racú e xeito da prohibición de poder pescar sardiña prevista pola Unión Europea.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará