Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“As do peixe” no Outonoteatro

RR_Noticias

Abrapalabra Creacións Escénicas presenta “As do peixe”, unha obra escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez sobre o mundo das mulleres galegas no sector conserveiro, baseada en testemuños reais da vida nas fábricas a partir dos anos 70 e dende a óptica de hoxe. Un argumento que según o seu propio autor ben se podería extrapolar a outras tantas fábricas nas que eran mulleres as que confromaban maioritariamente a mán de obra, como Regojo. A representación terá lugar o sábado 25 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Unha viaxe cara ao pasado que supón tamén a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, intimamente unidos ás súas propias biografías. As súas vidas e as de moitas mulleres, pasarán por diante delas facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi, e enfrontarse a un presente cheo de incertezas. As do peixe, está interpretada por Susana Dans, Mónica Camaño, Rocío González e Casilda Alfaro. e vén avalada por un enorme éxito de público e crítica, e co recoñecemento na edición deste ano dos premios de teatro María Casares nos que obtivo o de mellor texto orixinal, a mellor actriz protagonista para Susana Dans, e a mellor dirección para Cristina Domínguez. A función representarase o sábado 25 de outubro, ás 20.00 h, no Auditorio da Xunqueira, dentro do ciclo OUTONOTEATRO. As entradas teñen un prezo de 5 € (3 € para estudantes e persoas xubiladas).  

Candido Pazó autor teatral
Unha obra na que hai humor e sentimentos encontrados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará