Fin de semana de celebracións para o Construcciones Castro e a Sar. Uns equipos que xogaban fora da casa pero que lograron facerse cos tres puntos en xogo logo de vencer aos seus rivais con contundencias. Contundente foi a vitoria do Chapela que vencía por 19 goles a 40 ao Ártabro. Pola súa banda a Sar Plastic Omnium remontaba no campo do Granitos Ibéricos e deixaba un marcador final de 27-32 a favor dos redondeláns.
O Construcciones Castro non tivo piedade do Ártabro, nun partido no que os de Fran Teixeira amosaron a súa superioridade sen problema ante un rival moito máis feble. Con esta contundente vitoria 19-40, o Construcciones Castro mantense na terceira posición da táboa en primeira nacional. Na vindeira semana disputarán ademais un encontro de máxima rivalidade en Chapela xa que reciben ao líder da categoría, o Seis do Nadal. Unha vitoria podería dar o liderado aos redondeláns.
Vitoria tamén para a Sar que xogaban no campo do Granitos Ibéricos. Un rival que xogou o seu mellor partido da tempada e que a piques estivo de levarse os puntos en xogo. Sen embargo os xogadores do Plastic Omnium foron quen de darlle a volta ao marcador qeu rematou cun 27-32.
Sétima posición para a SAR que na vindeira semana volven xogar fora da casa. Farano no campo do Bueu, equipo que se atopa nos postos baixos da clasificación.