Os concelleiros nacionalistas non adscritos de Pazos solicitaran o cesamento e a comparecencia en Pleno do tenente de alcalde e deputado “con motivo das investigacións á que está sometido por parte do xulgado de Cambados por un suposto delito de suborno continuado”.
O nacionalista Luciano Otero explica que “Severino Reguera, Primeiro Tenente-Alcalde de Pazos de Borbén, xunto ao presidente da Deputación Rafael Louzán, están a ser investigados polo xulgado de Cambados, que lles imputa un delito de suborno continuado”.
Engade que malia a investigación ser en relación aos seus negocios privados, ambos os dous son cargos públicos e ambos os dous manteñen relacións políticas, ademais das comerciais. Por este motivo consideran que o 1º Tenente Alcalde debe dar explicacións sobre a investigación xudicial á que está sometido. Engade que en tanto non se aclare nos xulgados a súa inocencia ou culpabilidade “solicitamos tamén o cesamento dos seu cargos de 1º Tenente-Alcalde e de membro da Xunta de Goberno”.