Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Talleres para estimular a memoria

RR_Noticias

O vindeiro mes de novembro arranca en Redondela e Chapela un curso orientado a todas aquelas persoas que queiran exercitar a súa memoria e aprender técnicas doadas para estimular o noso cerebro e fomentar así o seu aproveitamento. Un obradoiro de memoria organizado pola Concellería de Servizos Sociais e que impartirá o Gabinete Logros. Os interesados deben  inscribirse como data límite o mércores 29 no rexistro do concello. Máis información nos teléfono 986 402608 e 986 458993.

As actividades de estimulación da memoria levan anos demostrando os seus beneficios xa que neles se desenvolven exercicios para mellorar, potenciar e conservar a memoria, sempre a través de actividades lúdicas e amenas que traballan a axilidade mental. Son talleres nos que aplica a terapia de estimulación cognitiva beneficiosos tanto para persoas que notan como está a diminuír a súa capacidade memorística do mesmo xeito que para xente que quere atrasar eses posibles efectos vinculados moitas veces coa idade. Os talleres que se desenvolverán no noso concello arrancarán no mes de novembro tanto en Redondela como en Chapela. Ao longo de oito meses os participantes, repartidos en clases de 25 persoas, aprenderán exercicios prácticos e coñeceran técnicas para potenciar a memoria, segundo nos explicaba unha das responsable do gabinete Logros, Bianca González. Tentar lembrar os ingredientes dunha receita sen acudir ao libro de cociña ou memorizar matrículas son algúns dos sinxelos exercicios que podemos facer no día a día para axudar tamén a nosa memoria.  

Bianca González Gabinete Logros
Talleres para reforzar a memoria
Clases amenas
Grupos de 25 persoas
Exemplos prácticos
No día a día podemos tamén facer exercicios de reforzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará