Dentro do ciclo Outonoteatro a compañía Las Grotesqués preséntannos unha adaptación do clásico de William Shakespeare “Mucho ruido y pocas nueces” baixo a dirección de Sonia Sebastián. O sábado 1 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo das entradas é 5 € (3 € para estudantes e persoas xubiladas).
Las Grotesqués abordan a adaptación da homónima de Shakespeare co seu máis puro estilo, cunha linguaxe física e versátil, moi próxima ao clown, na que as tres actrices (Elena Lombao, Celia Freijeiro e Tusti de las Heras), interpretan todos os personaxes da obra. É unha adaptación elaborada coa complicidade do público e con moito humor, unha historia de honra e deshonra, de rápidos e intelixentes diálogos, na que debe trunfar o amor por riba de todo.
Teatro de Cámara Cervantes e Las Grotesqués uníronse coa intención de recuperar obras de autores clásicos para o público de hoxe, mantendo o texto e a esencia, cunha representación máis acorde aos nosos días, cun estilo dinámico, enérxico e versátil. Unha revisión contemporánea e moi divertida para un texto clásico que non nos deixará indiferentes.
A representación será o sábado 1 de novembro, ás 20.00 h, no Auditorio da Xunqueira.