A Casa da Cultura acolle esta tarde ás 17 horas unha charla sobre doazón e recepción de órganos que vai contar coa presenza do coordinador do Hospital de Fátima Antonio Varela Franco e a testemuña en primeira persoa dun trasplantado hepático, Celso García. Unha actividade enmarcada dentro da xornada de saúde que organiza o Concello de Redondela e que durante todo o día contou con relatorios e obradoiros para o público en xeral.
Unha xornada que arrancaba ás dez da mañá na casa da cultura cunha charla a cargo de Asearpo, unha asociación con sede en Redondela que aglutina aos enfermos de artrite da provincia. A continuación tivo lugar unha charla sobre adaptacións e produtos que melloras a dependencia a cargo de AFAGA, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.
Xa pola tarde ás 17:00 horas terá lugar na Casada Cultura aberto ao público en xeral unha charla na que se abordará o sempre delicado tema das doazóns e que contará coa presenza do xefe de Medicina Interna e coordenador de Trasplantes do Hospital de Fátima, Antonio Varela Franco quen estará acompañado dunha persoa que pode relatar de primeira man a experiencia de ser un trasplantado hepático, Celso García.