A Biblioteca de Chapela acolle o xoves 13 ás 20:30 h. a presentación literaria da novela El ruido del silencio de África P. Guardia Lorenzo. A autora estará acompañada na presentación polo seu editor, Severino Cardeñoso, e a profesora do IES Chapela Cristina Garabatos.
Con tan só 20 anos esta moza de Chapela decide internarse no mundo da literatura coa publicación dunha novela que leva por título El ruido del silencio. Unha obra na que se nos narran as peripecias dun xornalistas que logo dunha rutura sentimental decide aceptar un emprego lonxe da súa cidade adentrándose nunha investigación policial xunto a policía de Scotlan Yard. Un argumento cuxo inicio sen embargo está moi vencellado ao tráxico accidente ferroviario de Angrois A presentación do libro terá lugar mañá xoves na biblioteca de Chapela nun acto no que a autora estará acompañada polo seu editor, Severino Cardeñoso, e mais pola profesora do IES Chapela Cristina Garabatos Cuadrado. A entrada será libre ata completar aforamento e contarase cun espazo de venda, para que os interesados podan adquirir o libro e levalo asinado para casa.