Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emulando a Alatriste

RR_Noticias

A Sala Viguesa de Esgrima Antiga organiza esta fin de semana un evento desta modalidade no que participarán ducias de deportistas e que permitirá aos espectadores asistir a clases de iniciación á esgrima. Haberá ademais un stand con exposición de armaduras, tratados de esgrimas e espadas. O programa desenvolverase o sábado na pista da Xunqueira e o domingo durante toda a xornada no pavillón municipal.

A esgrima histórica é unha actividade deportiva cultural en auxe coa creación de diferentes clubs como a Sala Viguesa de esgrima antiga que dende o 2005 funciona en Vigo. Co obxectivo de espallar esta actividade, un Arte Marcial que se realiza co manexo real das armas históricas en Occidente e que en séculos pasado se empregaba nas guerras ou nos duelos, organizan un completo programa de actividades esta fin de semana en Redondela Hoxe, este arte marcial practícase mediante armas negras (romas e sen filo) e coas proteccións axeitadas. Unhas armas que empregarán os deportistas que participen das exhibicións que desenvolverán o sábado pola tarde na pista da Xunqueira (no caso de que o tempo o permita) e o domingo no Pavillón durante todo o día onde haberá clases pero tamén unha batalla multitudinaria a espada ropeira do Renacemento. O programa do domingo arrancará xa as dez da mañá con clases abertas ao públicos, xogos e xa pola tarde as exhibicións entre as que se inclúe a Batalla. Damian Troncoso, campión de Esgrima antiga e presidente do club vigués anima aos veciños a achegarse a unha disciplina que mellora as cualidades físicas e mentais e que ten unha importante compoñente histórico cultural.    

Damián Troncoso Sala Viguesa de Esgrima
Explica en que consiste a modalidade do esgrima histórico
Programación
Haberá clases e exhibicións
Exposición
Armaduras espadas e tratados conforman a exposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará