Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos destina 7.500 euros para axudas de emerxencia social

RR_Noticias

Trátase dun programa de prestación económica de carácter urxente e extraordinario destinado a paliar as necesidades alimentarias de persoas e familias en risco de exclusión social. As persoas que se atopen nesta situación poderán solicitar estas axudas na Concellería de Servizos sociais. O prazo remata o 12 de decembro.

O programa ten como obxectivo paliar as necesidades alimentarias daqueles veciños que se atopen en situación de exclusión social, ou con risco de estalo, durante este nadal. En total destinaranse 7.500 euros para aliviar esta dando prioridade a aquelas familias que conten con menores ao seu cargo.
O prazo para solicitar este paquete de axudas termina o próximo 12 de decembro e para acceder a el é necesario presentar certa documentación. Ademais do DNI, o libro de familia e o certificado de empadroamento será necesario acreditar a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar mediante documentos oficiais co fin de poder asignar os recursos da axuda ás persoas e familias que máis o necesiten. A contía da axuda concedida dependerá do número de membros, as características e a cantidade de menores ao cargo da unidade familiar.
Os interesados en solicitar a axuda deberán presentar o formulario e a documentación requirida nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén, os luns, mércores e xoves en horario de 09:00 a 14:00 horas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará