Diferentes concellos están a organizarse de cara a lograr o obxectivo de reunir a 8000 persoas o sábado 29 na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Unha convocatoria que ten por obxectivo reclamar pan, traballo e teito para todos. Aproveitando o día de feira informarán aos veciños este venres e o domingo 23 celebran un magosto popular na praza da Casa da Torre ás 17:00 horas.
“Pan, traballo e teito” baixo ese lema organízanse as Marchas da dignidade en toda España e tamén en Redondela. Unhas demandas de mínimos que queren aglutinar a todos tipo de colectivos, organizacións e persoas a nivel particular para que o sábado 29 acudan a unha concentración que reúna a máis de 8.000 persoas en Santiago de Compostela. A pé ou en autobús son moitos os que xa teñen confirmada a súa presenza nesa mobilización. Os primeiros en saír pasarán o domingo día 23 por Redondela e serán recibidos na praza da Casa da Torre cun magosto que servirá para repoñer forzas. Un magosto popular, reivindicativo e festivo aberto a todos os veciños e no que haberá viño e castañas. Os veciños que queiran desprazarse a Santiago na xornada do sábado 29 poden anotarse nos locais Discotasca en Redondela e no Bar Nando e na panadería Pili en Chapela.o prezo do autobús, que partirán ás nove da mañá e regresará ao finalizar a concentración en Compostela custa 6 euros. Membros da organización estarán tamén este venres aproveitando o día de feira dando información sobre esta mobilización.